Posteado por: Administrador | diciembre 14, 2015

PROPOSTA de COMEDERO para VOITRES en O SUÍDO.

Buitres

(Abajo texto en castellano)

Voitres en Pontevedra?

Si, dende hai uns anos na Serra do Suído e arredores. Adoitan verse durante os meses de agosto a outubro (uns corenta contaron en certa ocasión). Para que estean máis tempo nestas zonas e se espallen a outros lugares, ocorréuseme a idea de propoñerlles á Sociedade de Caza da Xesta e á Comunidade de montes da mesma parroquia de A Lama a construción dun COMEDERO ARTIFICIAL para aves carroñeras, o que comunmente chámase MULADAR. Directivos de ambas asociacións mostraron o seu apoio, o cal é de agradecer, sobre todo procedendo dunha sociedade de caza. Trasladada a proposta á Xefatura de Conservación da Natureza en Pontevedra (Consellería do Medio Rural), acollérona con gran interese. Cun pouco de sorte, o proxecto materializarase o próximo ano. Sería o primeiro muladar para esta especie construído na nosa Comunidade Autónoma (o ideal é que houbese ó menos un por provincia). Lograríamos deste xeito que o voitre leonado (quizais o negro tamén), os cales están a tratar de introducirse de forma natural no noso territorio, pertenceran nun futuro cercano á fauna galega. Quizáis, con sorte, chegaran a criar nela. Dano non van facer.

O meu agradecemento polo seu inestimable apoio aos cazadores-conservacionistas Alejandro Lorenzo e Paco Couselo, paradigmas do que debe ser un bo cazador. Saúdos. Fede.

————————————

PROPUESTA de COMEDERO ARTIFICIAL para BUITRES en O SUÍDO.

¿Buitres en Pontevedra?

Sí, desde hace unos años en la Serra do Suído y alrededores. Suelen verse durante los meses de agosto a octubre (unos cuarenta contaron en cierta ocasión). Para que estén más tiempo en estas zonas y se expandan a otros lugares, se me ocurrió proponerle a la Sociedad de Caza de A Xesta (A Lama) y a la Comunidad de montes de la misma parroquia la construcción de un COMEDERO ARTIFICIAL para aves carroñeras, lo que comunmente se llama MULADAR. Directivos de ambas asociaciones mostraron su apoyo, lo cual es de agradecer, sobre todo procediendo de una Sociedad de Caza. Trasladada la propuesta a la Jefatura de Conservación de la Naturaleza en Pontevedra (Consellería do Medio Rural), la acogieron con gran interés. Con un poco de suerte, el proyecto se materializará el próximo año. Sería el primer muladar para esta especie construído en nuestra Comunidad Autónoma. Lograríamos de este modo que el buitre leonado (quizás el negro también), los cuales están tratando de introducirse de forma natural en nuestro territorio, pertenecieran en un futuro no muy lejano a la fauna gallega. Quizás llegaran incluso a criar en ella. Daño no van a hacer.

Mi agradecimiento, por su inestimable apoyo, a los cazadores-conservacionistas Alejandro Lorenzo y Paco Couselo, paradigmas de lo que debe ser un buen cazador. Saludos. Fede

Anuncios

Responses

  1. O certo é, na miña opinión, que este proxecto carece de calquera xustificación técnica, científica, estratéxica. Cal é o obxectivo? É necesario? Dende logo, os voitres non van nidificar en Galicia porque se fagan un par de muladares, non ten ningunha base pensar iso. Por outra banda, fáiseme obvio que non é necesario: os voitres veñen a Galicia nos últimos anos de maneira natural e de maneira moi patente, simplemente porque ven que aquí teñen alimento de maneira natural: non é necesaria tal alimentación suplementaria. A situación en Galicia non é para nada a existente noutras zonas de España, nas que os muladares son elementos tradicionais de sempre e nas que por outra parte é necesario instalalos pola perda de recurso alimenticio nos montes. En Galicia, nin son tradicionais, nin temos unha poboación que manter (nin a teremos, polo menos non grazas aos muladares), nin existe necesidade de alimentalos, teñen comida de sobra nos nosos montes (repito: por iso veñen). Por outra banda, a xestión inadecuada de muladares é altamente perxudicial polos voitres, polo risco de que acaben “amansados” e dependentes desa fonte de alimentación. Queremos voitres ou galiñas?. Se se quere facer o muladar, fágase, pero teñamos claros que: nin está xustificado, nin hai base técnico-científica que o apoie, nin é necesario, nin vai servir para axudar aos voitres. E ao contrario, pode acabar por perxudicalos.
    Un saúdo.

  2. Sr.: París: Respecto o seu comentario pero difiro profundamente del.
    Non comparto para nada iso de “prexudicalos”, cando a nosa intención é precisamente a contraria, axudalos a expandirse, o que semella están tratando de facer. Por iso cada ano visítannos en maior número.
    O de carecer de xustificación e base técnico-científica é a súa opinión, distinta por completo á de moitos investigadores.
    Respecto da comida, se teñen suficiente, dígame vostede ónde. Se unha vaca ou un cabalo (dito polos gandeiros) e algún que outro animal silvestre que poden morrer na Serra do Suído e arredores durante os tres meses que estas aves visitan a zona é suficiente para alimentar grupos de ata sesenta voitres, apaga e vamos. O verán pasado puiden observar cos meus propios ollos como varios exemplares practicamente “mortos de fame” trataban de sacar algo dun cabalo do que só quedaban a pel seca e os ósos. É este o excedente alimentario “local” ó que vostede se refire?.
    Doutra banda: qué me dí dos comedeiros artificiais que se instalan preferentemente durante o inverno, co fin de contribuír á alimentación das aves silvestres? Tamén carecen de xustificación e de base técnico-científica? Se “amansa” con eles ós tordos, carboeiros, ferreiriños, gaios…etc. que acoden a comer neles?.Claro que non. Pois isto é o mesmo.
    Ademais, non di vostede que os devanditos voitres non quedarán na nosa Comunidade, que marcharán?. Entón non sei por qué lle preocupa tanto que lles botemos unha man mentres estean aquí. Penso que debería revisar as súas contradicións.
    Tratamos de axudarlles e facilitarlles a súa estancia na nosa terra, home !!. E se se deciden a criar nela, mellor !!. Que unha especie silvestre (ademais con boa reputación social) queira ampliar os seus dominios e pertencer á nosa fauna debe ser orgullo para todos. Polo menos para os que somos amantes da natureza e de Galicia.
    Saúdos

  3. […] se valorou a posibilidade de crear un comedeiro artificial, a onde se levarían os cadáveres do gando para que os preeiros dispuxeran de máis alimento. […]


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: